[LESS INFO] 0 VIEWS | ADDED 21:46:22 12/13/09
"Aquí Radio Kaos, a emisora universitaria e libre que okupa o 96.3 da FM en estéreo supersónico".
Desta forma indicabamos ao persoal que demos andaban a sintonizar, cando as emisións de Divertimento para Pequenos Monstros na emisora do campus de Serantes-Ferrol, naqueles 2000.
O programa que hoxe vos oferecemos debeu ser emitido na grella 1999/2000, non teño constantancia da data exacta.
Este Divertimento ábrese cun par de textos do Pequeno Monstro (Poema Bomba e Aquela Casiña), segue cun poema do ferrolán Santi Ribera e finda (na súa primeira metada adicada aos textos) con Rosa de Sanatorio de Don Ramón María del Valle-Inclán, surreal poema enunciado nas noites de finais dos oitenta, por José Luis Moreno-Ruíz no seu memorábel programa (do mesmo nome) en Radio 3.
Na segunda parte do programa falamos con todo un personaxe daquelas noites ferrolás dos noventa: Raúl "El Ilegal". Daquela, Raúl tiña un local de copas na Rúa do Sol de Ferrol, facía debuxos e .... Bon, escoiten o programa. Lembro a perfección a tarde en que entramos pola porta da Escola U. Politécnica de Serantes, dende donde emitía Radio Kaos, o Raúl e mais eu.
Raúl apareceu cun enorme teclado Farcisa TK61. Aínda o estou a ver, levaba unha gafas de rallar, tan delgado el con ese teclado que case o duplicaba en tamaño e peso, atravesando a porta da Politécnica ante a mirada atónita dos estudiantes, camiño do estudio.
Na conversa, acompáñanos Suso Suciedad, sombra de Divertimento naquela etapa.
Aqueles anos, agachados tras as ondas kasianas, mantiñan acendida a maxia da radio ferrolá programas coma: O que nós sabemos e vostedes non (Santi Bergantiños e compaña), Sock (Bárbara Calavera Zalamera), Ábrete de Orellas e Chicas Católicas (Pepe Luis Cunha), Disidente (Iván), O Lucecú (Ana Santiago), Galiza Solidaria (Cebral), Café Jazz (Manuel Lorenzo), Manchita Cosa (Suso Suciedad e Paulopablo), Autopista 61, El Taller del Duende, Con Alma de B-Boy, Sinfonías Metálicas, A letra "A" e Expresión Directa (Xabi e Iván), Divertimento para pequenos monstros ou mesmoTextículos by me (Pequeno Monstro, Ana Lucecú, Suso Suciedad), nun asalto radiofónico perpretado a man armada de poemas sen piedade. Ti mesm@ podes completar esta lembranza á Radio Kaos comentando esta entrada.
A próxima semana desvelarei quen se cargou Radio Kaos, máis se ti o sabes e queres comentalo tamén podes, máis lembra non ter piedade.
Entre tanto, para lembranza de tod@s, rescatamos do arquivo unha imaxe dunha da grella do verán do 2000, un documento valorado agora mesmo en 20.000 € . Ao principio nesta entrada atoparala, fai clic nela para ampliala, pero nada de tocar.
Ficades co audio bomba.